1 de abril de 2008

A "PISCA"

Hola, chámome_________ e teño 67 anos, vivo en Xinzo, lugar coñecido por ser terra de peixeiras, e agora mesmo estou xubilada. Vou contarvos a miña historia. O meu alcume é “a Pisca”, e dito alcume ven póla miña avoa, pasou póla miña nai, pólos meus fillos e agora os meus netos. Dende sempre a miña familia adirase o peixe, miña avoa viña dende Vigo coa patela na cabeza ata Ponteareas e despois a miña nai. Mais tarde o meu pai comprou unha camioneta, e xa el taría e levaba ás peixeiras a vendelo peixe a Cañiza, O Covelo, As Neves, Ponteareas... Erguíanse ás 5 da mañá e chegaban a casa póla noite. Eu empecei na Ribeira, en Vigo, os 15 anos traballaba para uns armadores é a miña tarefa era cobrar e vender o xírelo e a sardiña que traían os barcos que ían pescar na ría, e todo tiña que estar perfecto. Non podían faltar cartos, despois de cobrar tódalas facturas ía o banco que había dentro da propia Ribeira a ingresar eses cartos. Cando chegaba o director da sucursal dicíalle os empregados que atenderan rápido o nº 23 (así era como me chamaban) que tiña que ir para Ponteareas, para ir a escola que comezaba ás 10 da mañá. Traballei para cinco armadores da miña familia e todos queríanme moito. Tiven que operarme e todos eles querían levarme para a súa casa. Un día que meu pai non podo ir a Ribeira, tiven que ir soa ás 5 da mañás póla carreteira cuns veciños, ía correndo porque tiña medo e de súpeto vexo vir a un home cun saco o lombo que viña perseguíndome, gritei con tódalas miñas forzas pero ninguén me escoitou, e comecei a correr, cando cheguei a carreteira ía sen fala. Contenllo os meus compañeiros e dixéronme que o “home do saco” era un camioneiro que vivía a 300 metros e que levaba no saco o “que se caia” do camión. Por fin no ano 79 saquei o carné de conducir, e foi dende entón cando comecei a vender póla miña conta, facía venta ambulante cunha furgoneta por algunha das vintecatro parroquias de Ponteareas. As clientas queríanme moito porque sempre tiña unha palabra de cariño para todas elas, aínda hoxe cando nos encontramos en algunha das moitas actividades nas que participo, alegrámonos moito e falamos sen parar. Agora adícome a traballar na casa, coido dos animais, planto flores no meu xardín, atendo as fincas, as viñas... pero o que mais me gusta e adicar o meu tempo de lecer a facer actividades como o teatro e o baile galego. Tamén compuxen algunha canción, a música e a letra. Unhas falan de santos e outros son das que din “sociais” e son por problemas que tivemos en Xinzo coas canteiras e os camións. Aquí vai unha mostra doas dúas:
=============================
San Sebastián que vive no Souto
No noso peito ten o seu altar
Que reine sempre aquí neste barrio
San Sebastián, “Ai” San Sebastián
=============================
Santa Mariña que era do Vixo
E leváronma pa baixo os da Portela
Que non protesten
Que lle levamos a Festa
Para deixarlles a Santa
=============================
Crisóstomo, Crisóstomo
Vaite pa veira do mar
A ver si ven unha ola
E te consigue afogar
E despois que esteas no fondo
Que te coma unha balea
En anaquiños pequenos
Como se come a lamprea
========================

Ata fai un ano fixemos as festas de Xinzo, que eran cinco día, 8 mulleres e con gran esforzo conseguímolo e como recompensa fixemos unha cea. Tamén o ano pasado fixen de peixeira na festa medieval en Ponteareas. En fin que son unha muller con moita enerxía, con gañas de vivir e que gústame pasalo ben, e facer rir e un pouco mais felices, a xente do meu redor.

LOURDES

No hay comentarios: