10 de marzo de 2008

BASES DO CONCURSO

- ORGANIZAN: DINAMIZADORA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE PONTEAREAS, DINAMIZADOR DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DO PORRIÑO E DINAMIZADORA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE SALCEDA DE CASELAS.

- PARTICIPANTES: Toda a poboación interesada atendendo a tres grupos de idade:

* Poboación infantil: 0-14 anos.

* Poboación adulta: 15-59 anos.

* Maiores: Máis de 60 anos.

- TEMA: A temática responderá ao título do concurso “Igualdade na rede” e versará sobre a vida dunha muller traballadora.

- CARACTERÍSTICAS DA OBRA: O texto estará escrito en galego e non excederá de 45 liñas escritas con letra time news roman (12 ptos) nin será inferior a 10 liñas.

- PRESENTACIÓN DAS OBRAS: As obras remitiranse a calquera das seguintes direccións: miguel.oporrino@dinamiza.sociedadedainformacion.eu, andrea.ponteares@dinamiza.sociedadedainformacion.eu ou leticia.salceda@dinamiza.sociedadedainformacion.eu para a súa posterior incorporación no blog http://igualdadenarede.blogspot.com/No asunto se debe especificar “Igualdade na rede: concurso de relatos” e no interior aparecerán os datos personais do autor (mome, enderezo, teléfono e enderezo de correo electrónico). Adxuntarase o relato cun título e asinado cun pseudónimo. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.

Non se publicarán as obras que non cumpran estas características.

- PRAZO DE PRESENTACIÓN: Publicaranse todos aqueles relatos recibidos dende o 1 ata o día 31 de marzo. As obras serán orixinais e non poden ter sido publicadas con anterioridade en ningún outro medio ou soporte.

- PREMIOS: Estableceranse tres premios para cada categoría consistente en material de oficina, libros ou material da Rede de Dinamización
O xurado pode declarar deserto algún premio se o considera oportuno.
O fallo do xurado publicarase neste blog antes do día 15 de abril.

- XURADO: O xurado estará integrado por tres persoas vínculadas ao mundo das letras e a problemática das mulleres asignadas pola organización.

- NOTA: A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.