28 de marzo de 2008

RELATO DA VIDA DUNHA MULLER

Este é o relato da vida dunha muller, que agora debe ter 78 anos. Eu coñecina cando ía coa miña nai ver a familia de Mira, miña nai a esa muller queríalle moito e ela a miña nai. Ela tivo 18 fillos, agora só ten 9 que os outros morréronlle en abortos ou cando nacían. Eu a esa señora quíxena e quéroa con todo o meu cariño e sempre a quererei. Agora os fillos que ten xa son grandes, algúns estiveron en Suíza e outros viven con ela na casa. Eu coñézolle os fillos, os xenros, os netos e a case toda a familia, porque ela aínda é algo da miña familia. E dous fillos aínda os ten en Suíza, un chámase Manolo e o outro Raúl, que veu hai quince días e marcha o sábado. Ela sempre foi unha muller moi traballadora, o seu home non a quería porque lle pegaba e aínda a facía durmir fóra da casa. Como xa dixen, hai ben anos que a coñezo e nunca me olvidarei de que me deu máis cariño e me prestou máis atención cando eu o necesitaba e axudábame no que podia, como fago eu agora hai un tempo atrás. Ela está enferma dende hai anos, ten párquinson e está enferma doutra cousa pero non sei de que é. Eu voulle axudar moitas veces a colgar a roupa e a fregar os pratos ou o que faga falta. Porque os fillos que ten na casa non lle axudan a nada. Un por desgraza é alcohólico e xa non ten remedio, e o outro está na casa e traballa facendo anzois, pero non lle axuda a outra cousa. Hai uns cantos anos o concello fíxolle unha casa nova pero ela non quere ir vivir nela, porque dixo que quería morrer na súa casa, e ademáis ela non pode subir escaleiras. Hai oito meses que lle morreu un irmán de cancro, e ela púxose peor do que estaba, pero pouco a pouco foise recuperando do desgusto, pero cando estaba xa case recuperada, chámana ás doce da noite e dinlle que seu irmán Andrés morreu. Ninguén contaba con que morrera porque non estaba tan enfermo, pero un día encontrábase mal e díxolle a muller que se ía deitar e deulle unha carreira de tose e morreu, iso todo catro meses despois de que morrera o seu irmán Manuel. De alí a uns días enteirouse de que a súa irmá Aurora estaba no hospital porque non sabían o que tiña nin na casa nin no hospital, ao final era vertixe. Hai un mes chegei eu a casa do colexio ás 4:30 e comín o bocadillo e cando saio á porta vexo que hai unha ambulancia, tres médicos e o home da funeraria de Carballo, e pregunteille que pasaba, e ninguén sabía nada ata que saíu un médico fóra e dixo que non nos preocupáramos de nada que era que estivera ao sol e que lle fixera dano, que só lle dera un ataque. A todo isto quérolle dar as grazas ao seu neto Ricardo que a salvou cando lle deu o ataque e que a colleu cando estaba case no chan e aínda así levou un pequeno golpe. Ben, isto é toda a vida dunha señora que sempre terei no meu corazón, que o día que morra non sei que ha ser de min, non sei se é pecado ou non pero quérolle máis que aos meus avós.
Con isto todo a historia acabou, que aínda hoxe día 13/3/08 a teño ao meu carón.

verán

No hay comentarios: