28 de marzo de 2008

MARÍA ANTONIA, PEREIRA DO CAMPO (A MONXIÑA DO PENEDO)

Naceu o día 5 de outubro de 1970 no “lugar” do Penedo. Moi cerca do pobo de Cuntis. Lugar que eu visito con frecuencia cos meus avós, pais e irmán. Pois, a casa de meus avós está moi cerca do sitio no que naceu María Antonia. Gústame dar paseos por esa zoa, xa que meus avós cóntanme cousas interesantes sobre o lugar.
Agora vou a contar os datos máis importantes de María Antonia:
Naceu setemesina, enfermiza e débil. Por temor a que morrese foi bautizadazo día seguinte, na Parroquia de Santa María de Cuntis. O nome da recén nacida era Flavio Antonia, pero despois cambiouno no Sacramento da Confirmación polo de María Antonia, co que despois sempre se coñece.
Onde naceu tan só había dúas casas, dous batáns e tres muíños, ao lado do río Umia, xunto a un peñasco que os paisanos chaman “O Penedo”. Hoxe en día tan só se pode ver as ruínas dos muíños que fixera o seu avó materno Domingo do Campo.
Seu pai chamábase Manuel Pereira de Parga e descendía de moi boa familia. Era moi severo na educación dos seus fillos.
María Antonia tiña dous irmáns: Mateo e Lucas, e outro que morreu sendo moi pequeñiño, do que non se coñece nin o seu nome. Ela era a maior dos irmáns.
Desde moi pequeñiña experimentou un gran amor polos pobres.
Cando tiña seis anos foi a vivir coa tía María Pereira a Caldas de Reis, despois da dureza de seu pai, pero logo volveu para “O Penedo”, morrendo daquela seu pai. Quedaron todos na miseria. Logo foron a vivir a Baiona. De alí, marchouse para Santiago. Casouse o 19 de marzo de 1722 e tivo un fillo, que bautizaron co nome de Sebastián Antonio que morreu no 1801, e unha filla: Leonor. Despois dun tempo pediulle permiso ao seu marido para consagrarse totalmente a Deus e concedeullo.
En 1733 ingresou no Carmelo de Santa María de Corpus Christi e o seu home: Juan Antonio no Colexio de San Cirilo, ambos en Alcalá de Henares.
Profesou como Carmelita Descalza en Alcalá de Henares en 1733 e, en 1753, fundou o Convento do “Carmen de Arriba” de Santiago, primeira fundación en Galicia de monxas Carmelitas da Reforma de Santa Teresa de Xesús. A actividade literaria tamén ocupou o seu tempo. Deixou tres obras: Autobiografía, que vai desde a infancia ata os derradeiros anos de vida e cuxos manuscritos foron entregados polo seu confesor ao convento; Edificio espiritual, publicada en Santiago en 1754, a mellor das producións de que hai reedicións de 1954 e de 1961, obra celebrada polos teólogos como un dos textos místicos máis importantes do século XVIII e o máis importante do xénero en Galicia; Epistolario, recopilado por frei José de Jesús María, coa maior parte da correspondencia. Sobre a vida e obra desta escritora ténense publicado varias obras, a derradeira La Venerable madre María Antonia de Jesús, una mística galega no século XVI, fundadora do Convento de Carmelitas de Compostela, escrito por “Unha Carmelita Descalza do Convento de Santiago” (1991).
Foi unha muller excepcional, chea de amor a Deus, humildade e amizade.
Morreu o 10 de marzo de 1760.

Asinado: Pequeniño.

No hay comentarios: