28 de marzo de 2008

MARUXA MALLO

Foi unha gran pintora. Naceu en 1902 en Viveiro, Lugo e morreu en 1995 en Madrid. Criouse nunha familia moi numerosa, con catorce irmáns. O seu pai era administrador de alfándegas e os novos destinos del levárona a Tui, Verín, Corcubión, Avilés, onde comezou a debuxar e foi cando os seus pais se decataron das súas cualidades artísticas. En 1922 trasladouse coa familia a Madrid e ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando. Foi a única muller que aprobou o ingreso naquela convocatoria e das poucas que asistían daquela ao centro. Completou a formación desde 1924 con clases de debuxo impartidas por Julio Moisés. Axiña comezou a introducirse nos ambientes culturais da cidade e a coñecer a pintores e escritores (Dalí, Lorca, Buñuel,…entre outros). Desta década datan as primeiras mostras, ás que concorreu con paisaxes e retratos de mulleres: a Exposición de Arte Galega celebrada en Santiago en 1923 e 1926. Cunha bolsa da Deputación de Lugo perfeccionou a arte e conveerteuse en Maruxa Maio.
Transgresora e provocadora, naquela sociedade pechada, frecuentaba tascas e bares na noite madrileña, andaba en bicicleta polas rúas, e coa súa amiga Concha Méndez percorría todo Madrid.
Na exposición celebrada en 1928 nos salóns da Revista de Occidente, mostrou dez cadros e trinta estampas. A pintora surrealista converteuse na sorpresa da tempada. Comezou entón unha intensa etapa creativa: ilustrou libros e revistas; traballou na escenografía dunha peza de Alberti (con quen mantiña unha relación amorosa); traballou na serie de Cloacas e campanarios; ilustrou a Revista de Occidente.
Pensionada pola Junta para a Ampliación de Estudos, foi a París a aprender escenografía, entrou en contacto con surrealistas e triunfou na exposición celebrada no Museo de Arte Moderno. Nos anos da República, participou nas Misións Pedagóxicas e impartiu clase en varios centros, actividade que compaxinou coa asistencia a exposicións, individuais e colectivas, e coa actividade política de apoio ao réxime, en compañía do líder sindical galego: Alberto Fernández Mezquita, compañeiro nas ideas e no amor. Logo trasladouse a Galicia para continuar co labor nas Misións Pedagógicas.
A comezos de 1937 foise para Buenos Aires. Iniciouse unha nova etapa na súa vida, de grande actividade pública, inzada de éxitos.
En 1961 regresou a España, instalándose definitivamente en Madrid en 1965. Alí volveu a ilustrar a Revista de Occidente e fixo a primeira mostra individual.
En Galicia continuaba a ser case unha descoñecida para moita xente ata a primeira mostra individual celebrada en Santiago en 1980. A partires de ahí apareceron os recoñecementos á traxectoria artística. Unha pintora independente e feminista, que se adiantou ao seu tempo. Foi Medalla de Ouro do Ministerio de Cultura (1982); homenaxeada polo grupo Alecrín de Vigo na celebración do II Bienal de Artistas Galegas (1990); Medalla de Ouro da Xunta de Galicia (1991); Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid (1990); inaugurou o Centro Galego de Arte Contemporáneo. Dous anos despois morreu na clínica xeriátrica de Madrid, onde pasara os derradeiros dez anos da súa vida.
A praza que figura na rúa onde naceu una vila de Viveiro, lembra a figura desta artista, que revolucionou o Madrid dos anos trinta, pintora vangardista e autora de obras tan importantes como: O mago, Retrato, Monstserrat Cabeza, A verbena de Páscoa, O indio, A dama do abano, A muller da cabra, Verbenas, Espantallo, Cabeza de negra (co que gaña o Primeiro Premio Pictórico da XII Exposición de Nova York en 1948), etc.

Asinado: O carbueiro.

No hay comentarios: