Como sempre, nos últimos días do verán, aprestei o meu carro de afiador, para percorrer os pobos do contorno que por estas datas, requirían os meus servizos ano tras ano.
Ao igual que os meus antepasados , quixen ser afiadora aínda que aos homes e mulleres non lles facía graza , dicían que ese era un traballo de homes. Os tempos que corren, non son os máis axeitados para miña profesión. Na idade media iríame mellor de seguro. Ca seque desaparecemos, quedo eu, e un veciño da aldea de Penas Altas, na outra beira do rio. Ámbolos dous, repartímonos o mapa de pobos e vilas do noso contorno, ca fin de non competir e así non prexudicar os nosos xuros.
Vivo na aldea da Seara, de alí se foran todos, agás nós ,o meu pai e eu. O meu pai é un ancián de 74 anos, que non se lle botan, pois consérvase moi ben, no seu rostro apréciase a pegada do sacrifico e a paz que rodea o seu espírito. El é feliz cos seus animais, xa que temos 5 vacas, algunha que outra ovella e o típico da aldea, porcos, galiñas, coellos e unha mula. Gústalle acender súa cachimba e sentarse no soportal, dende alí mira para montaña, coma se esperase que ocorrese algo.
Unha vez ao mes vén a o furgón que fornécenos das nosas necesidades de produtos cotiáns, azucre, sal, plátanos, pasta de dentes, deterxente e algunha que outra conserva.
O señor cura don , apenas o vemos, xa fixo un ano que veu polo enterro do tío . Así que a nosa pequena pero artesanal capela de San Martín, deixou de ter sentido e a súa campá só soa cada vez que algún comprador achégase á aldea, para advertir da súa presencia, a última vez foi no inverno pasado cando o carniceiro da Pontenova, veunos mercar un par de años.
Teléfono non temos e os móbiles non teñen cobertura. A luz falla de , seguramente por que as instalacións son moi antigas.
Os políticos acá non veñen a facer campaña, polo tanto non temos nin súas promesas. Así que a aldea se vén embaixo aos poucos.
De luns a venres percorro os pobos do contorno, onde coñécenme polo "Fila", (é un alcume cariñoso que ten que ver co meu oficio, e acéptoo gustosa). Para ir, utilizo carreiros que me axudan a atallar, xa que o carro pesa o seu, e o pobo máis próximo está a 9 .
Comezaba a tempada, aprestei o meu carro, collín o "asubío" e púxenme en marcha, aínda non amencera, pero o galo xa cantara. Do carreiro gústame moito a frondosa vexetación. Os carballos e castiñeiros acompáñanme case permanentemente e o cantar dalgún que outro paxaro se fai notar.
Esta é unha boa época para traballar, as matanzas, vendimas e choivas están próximas así que os coitelos, tesoiras de podar e paraugas teñen que estar a punto. Do mesmo xeito sempre aparecen cazolas e perolas que precisan dalgún parche .
Esta é miña profesión, non se gaña moito pero é reconfortante, relaciónaste moito. Son tan popular coma o señor alcalde, pero a min trátanme con máis cariño e confianza.
Ao chegar ao pobo despois de 2 horas de andanza, sopro meu "asubío" ao tempo que canto "¡afiadoiraaaaa e paragueiraaaaa!", as contras da fiestras ábrense, e as veciñas reclaman os meus servizos.! , teño unha perola furada¡ , Fila non marches sen reparar o paraugas¡.E así entre coitelos, navallas, paraugas , ía atravesando o pobo.
O meu traballo fágoo ben e a gusto, non necesito unha inspiración especial e me achega satisfacción e algúns cartos. Embárgante síntome soa .Cando penso que o meu pai pronto se irá, o temor apodérase de min chea de tristura. Soa nunha aldea abandonada, ¿Que será de min?.
14 de marzo de 2008
A ÚLTIMA AFIADOIRA
10 de marzo de 2008
BASES DO CONCURSO
- ORGANIZAN: DINAMIZADORA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE PONTEAREAS, DINAMIZADOR DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DO PORRIÑO E DINAMIZADORA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE SALCEDA DE CASELAS.
- PARTICIPANTES: Toda a poboación interesada atendendo a tres grupos de idade:
* Poboación infantil: 0-14 anos.
* Poboación adulta: 15-59 anos.
* Maiores: Máis de 60 anos.
- TEMA: A temática responderá ao título do concurso “Igualdade na rede” e versará sobre a vida dunha muller traballadora.
- CARACTERÍSTICAS DA OBRA: O texto estará escrito en galego e non excederá de 45 liñas escritas con letra time news roman (12 ptos) nin será inferior a 10 liñas.
Non se publicarán as obras que non cumpran estas características.
- PRAZO DE PRESENTACIÓN: Publicaranse todos aqueles relatos recibidos dende o 1 ata o día 31 de marzo. As obras serán orixinais e non poden ter sido publicadas con anterioridade en ningún outro medio ou soporte.
- PREMIOS: Estableceranse tres premios para cada categoría consistente en material de oficina, libros ou material da Rede de Dinamización
O xurado pode declarar deserto algún premio se o considera oportuno.
O fallo do xurado publicarase neste blog antes do día 15 de abril.
- XURADO: O xurado estará integrado por tres persoas vínculadas ao mundo das letras e a problemática das mulleres asignadas pola organización.
- NOTA: A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.
7 de marzo de 2008
BENVIDOS/AS
Benvidos/as ao blog Igualdade na Rede. Neste espazo atoparedes a iniciativa posta en marcha pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración cos concellos galegos de Ponteareas, O Porriño e Salceda de Caselas.Os dinamizadores/as destes concellos creamos este concurso de relatos e blog co gallo do Día da Muller Traballadora co fin de render unha homenaxe a través da vosa participación a todas as mulleres que dende sempre foron, son e serán “Mulleres Traballadoras”.
Esta é a primeira pedra, agora tócavos a vós, coa vosa participación seguir enchendo estas páxinas de relatos onde verse a historia da muller da vosa vida (nai, parella, filla, amiga, coñecida…). Até aquí podemos contar, a partires de hoxe serán as vosas palabras as que encherán de contido e consideración esta data.

