14 de marzo de 2008

A ÚLTIMA AFIADOIRA

Como sempre, nos últimos días do verán, aprestei o meu carro de afiador, para percorrer os pobos do contorno que por estas datas, requirían os meus servizos ano tras ano.
Ao igual que os meus antepasados , quixen ser afiadora aínda que aos homes e mulleres non lles facía graza , dicían que ese era un traballo de homes. Os tempos que corren, non son os máis axeitados para miña profesión. Na idade media iríame mellor de seguro. Ca seque desaparecemos, quedo eu, e un veciño da aldea de Penas Altas, na outra beira do rio. Ámbolos dous, repartímonos o mapa de pobos e vilas do noso contorno, ca fin de non competir e así non prexudicar os nosos xuros.
Vivo na aldea da Seara, de alí se foran todos, agás nós ,o meu pai e eu. O meu pai é un ancián de 74 anos, que non se lle botan, pois consérvase moi ben, no seu rostro apréciase a pegada do sacrifico e a paz que rodea o seu espírito. El é feliz cos seus animais, xa que temos 5 vacas, algunha que outra ovella e o típico da aldea, porcos, galiñas, coellos e unha mula. Gústalle acender súa cachimba e sentarse no soportal, dende alí mira para montaña, coma se esperase que ocorrese algo.
Unha vez ao mes vén a o furgón que fornécenos das nosas necesidades de produtos cotiáns, azucre, sal, plátanos, pasta de dentes, deterxente e algunha que outra conserva.
O señor cura don , apenas o vemos, xa fixo un ano que veu polo enterro do tío . Así que a nosa pequena pero artesanal capela de San Martín, deixou de ter sentido e a súa campá só soa cada vez que algún comprador achégase á aldea, para advertir da súa presencia, a última vez foi no inverno pasado cando o carniceiro da Pontenova, veunos mercar un par de años.
Teléfono non temos e os móbiles non teñen cobertura. A luz falla de , seguramente por que as instalacións son moi antigas.
Os políticos acá non veñen a facer campaña, polo tanto non temos nin súas promesas. Así que a aldea se vén embaixo aos poucos.
De luns a venres percorro os pobos do contorno, onde coñécenme polo "Fila", (é un alcume cariñoso que ten que ver co meu oficio, e acéptoo gustosa). Para ir, utilizo carreiros que me axudan a atallar, xa que o carro pesa o seu, e o pobo máis próximo está a 9 .
Comezaba a tempada, aprestei o meu carro, collín o "asubío" e púxenme en marcha, aínda non amencera, pero o galo xa cantara. Do carreiro gústame moito a frondosa vexetación. Os carballos e castiñeiros acompáñanme case permanentemente e o cantar dalgún que outro paxaro se fai notar.
Esta é unha boa época para traballar, as matanzas, vendimas e choivas están próximas así que os coitelos, tesoiras de podar e paraugas teñen que estar a punto. Do mesmo xeito sempre aparecen cazolas e perolas que precisan dalgún parche .
Esta é miña profesión, non se gaña moito pero é reconfortante, relaciónaste moito. Son tan popular coma o señor alcalde, pero a min trátanme con máis cariño e confianza.
Ao chegar ao pobo despois de 2 horas de andanza, sopro meu "asubío" ao tempo que canto "¡afiadoiraaaaa e paragueiraaaaa!", as contras da fiestras ábrense, e as veciñas reclaman os meus servizos.! , teño unha perola furada¡ , Fila non marches sen reparar o paraugas¡.E así entre coitelos, navallas, paraugas , ía atravesando o pobo.
O meu traballo fágoo ben e a gusto, non necesito unha inspiración especial e me achega satisfacción e algúns cartos. Embárgante síntome soa .Cando penso que o meu pai pronto se irá, o temor apodérase de min chea de tristura. Soa nunha aldea abandonada, ¿Que será de min?.

XOANCIÑO

No hay comentarios: