26 de marzo de 2008

ROSALÍA "A MAQUILA"

Na cadeira de brazos da miña casa, pecho os ollos e véxome a min mesma entrar en casa correndo e na cociña atoparme con aquela señora maior para min, morta fai xa moitos anos, de risa xenerosa e fácil, que animaba e iluminaba coa súa simpatía e as súas bromas afectuosas.
Segundo contaba o meu pai, a súa nai era así, alguén que se interesaba polo que estaba moíno e acababa arrincándolle un sorriso ou facéndolle ver o seu panorama, durante un intre menos negro do que o tiña. E aínda que só gardo un recordo leve e difuminado dela, esas palabras do meu pai, soan plausibles na miña brumosa memoria. Unha imaxe sumamente agradable. Ás veces hai recordos que nos manteñen vivos.
Entón desempoou dun recuncho da miña casa unha fotografía antiga en branco e negro. ¿Quen é esa muller que aparece na foto co pelo recollido nunha trenza e unha camisa de franela pechada ata a noz?. Ten unha idade indeterminada, entre sesenta e oitenta anos, sorrí sen parar. Detrás daquela foto, o seu nome fora escrito Rosalía.
Á fin e ao cabo, Rosalía, durante toda a súa vida, non pretendeu máis que honrar o adxectivo que a súa nai colgoulle desde pequena. “A maquila”. “É algo do que me sinto moi orgullosa”, di. Houbo anos de non parar no muíño. Rosalía sempre fala da traballosa tarefa da moenda por parte da xente campesiña, construídos polos máis podentes; vos máis dous muiños eran de “herdeiros” isto, é, de varias familias emparentadas, outros eran “privados”, propiedade exclusiva dunha única familia ou casa. O de Rosalía era de “maquia” no que a muñeira, cobraba pola muiñada parte dá fariña obtida, algunhas desas industrias eran batanes (folóns) para mallar en mollado o liño e a la. Debido ao lento proceso de moer os muíños eran un importante punto de encontro e relación entre veciños.
Unha historia longa detrás con moito dor, horas de traballo de sol a sol. Viviu de costas aos inventos modernos. “Non había semáforos, nin parques, nin beirarrúas, nin coches, nin transporte público”, di entre risas. “¿As cousas cambiaron, eh?”.
O seu marido “rebentou” de tanto traballar, como di ela, “aquela sensación de supermanes que tiñamos, aquela convicción de que non nos podía pasar nada, derrubouse para sempre e tiven que volver traballar sendo consciente do que pasara”, comenta Rosalía, “estaba soa con catro fillos, planteixeime parar, deixalo, nada tiña o mesmo sentido, admite. ¿Tola? Si, pero con coraxe. Á fin e ao cabo, que é a morte; é parte da vida, e se non admitimos iso, se non contamos con iso e ocultámolo: tampouco seremos conscientes do que nos espera. De todos os xeitos, na forma de vida que nos montamos tampouco podemos sentirnos tan seguros. Corremos o mesmo risco na aldea que na gran cidade”. Asegúrao quen entre asfalto, contaminación e edificios intelixentes nos que fai calor no inverno e frío no verán atópase como engaiolada nunha rateira.
Coñecín a unha cantas persoas así ao longo da miña vida. Non moitas, claro. Se abundasen, o mundo sería bastante máis grato do que adoita selo.
¿Pero quen foi realmente Rosalía “A maquila”? A miña bisavoa. Do mesmo xeito, unha das poucas cousas que sabemos de certo desta fotografía é a súa data de 1952 e que en agosto de 1975 enfermou e morreu. No medio quedan menos de vinte e tres anos de traballo duro e cotián, o muíño traballaba durante todo o ano.
Unha muller encorvada sobre a mesa, unhas cortiñas colgando xunto a unha fiestra que só se intúe. E fóra de campo, uns ollos que quizáis intentan fuxir. Facía outra imaxe, o seu muíño, unha fotografía que non se fixo nunca e, de súpeto, eu decido fotografar ese algo.

FEROCAR

24 de marzo de 2008

UN TRONO DE DIAMANTE

Un día máis érgueste co traballo derriba dos ombreiros, carreiras e suspiros nun rodar sen fin. Non podes parar … non pares que senón o mundo non ha de xirar … corre ergue ós nenos, fai o almorzo, vísteos, berra un chisco con eles, cántalles esa monótona rifa materna e matinal da que se acordaran tódolos días da súa vida …corre, corre, corre !!! que non chegades !!!, quen pensa en ti ?, non pares que senón ficamos tirados, eu, ti, nos e vos ...
Vai, ven, volve, merca, corre, ... Entras na casa apurada e tiralos tacóns en calquera recuncho, cóllelo mandil e a tixola, es unha muller armada na súa casa para afrontar o batallón de famélicos que dun momento a outro arremeterán cara o canso exército co que non contas. Non pares filla da terra, da auga e o sol, que se paras non hai vida, nin alento ... respiramos o aire que che pertence, vivímo-la vida que ti deberas degustar.
Debes, debes e debes. Debes lavar, facer de comer, inventar contos, coser sen ser costureira, escoitar ... e quen te escoita a ti ?... con esa voz cansa que ás veces sube ata ás nubes pedindo que o día teña unha ou dúas horas máis que che pertenzan só a ti ...
Que máis da o que fagas fora da casa, sexas limpadora, executiva, albanel ou perruqueira, da igual ... o traballo nunca se acaba, nunca! Sempre queda algo, fora ou dentro do lar, sempre hai algo á espera. E os domingos regálaste unha hora pola tardiña, despois de comer e fregar, déitaste a descansalo corpo e construír soños en paraxes tropicais, palacios de marfil e tronos de diamante nos que ser, simplemente ser. Por que non tes tempo para vivir, a penas che deixan alentar e a forza do costume e o orgullo non che permite pedir axuda ... érguete e corre, coma sempre, ... deixa que a fatiga che embriague a alma ata que un día sentes e non queiras nin poidas camiñar máis, ata que nos entregues o relevo e camiñemos desorientados sen os teus pasos de guía.
E non será moi tarde xa cando sentes no trono de diamante co cetro do deber cumprido e as rosas fillas crecidas e belidas abaneadas pola súa propia vida ?, antes de saír, entras no baño e miras ben o teu rostro canso, as olleiras talladas polos nenos, os pelos revoltos moldeados polo frenético correr. Que hábiles artistas somos os que de ti tanto pedimos ... pero ... corre!!! Que non chegades. Hai cousas que nin o maquillaxe a brocha gorda soluciona. E sen embargo elas vente e din: “que guapa, que boa moza” ... ti non o sentes así, camiñas ergueita pero non podes máis.
E cando queiras parar non has poder, a inercia é o teu regalo e o trono de diamante un don afastado no tempo, no espacio, tan só unha idea, sen máis ... Vai, ven correo, merca, limpa, escoita, escribe, inventa contos, para !!! Non, non pares!!, que se non o mundo non xira e as rosas aínda non están crecidas, ... hai que mimalas, alimentalas, deben saber que estas aí. Estas, sempre estas, e o día que se decaten será un paso máis cara ese pazo de marfil cheo de tapices tecidos no teu día a día.
Mentres, o trono espérate, nos pedimos e ti das ...as rosas medran, ... repararan na man que as coidou?



Emilia Maseda

A PEIXEIRA

Eran as 5 cando o espertador soou. Levantouse sen demora. Abriu as cortinas das ventás e mirou o ceo mentres tomaba unha cunca de leite quente.
Partiu cedo cara o porto, seu home chegaría axiña con peixe fresco coma casque todolos días. Divisou a gamela branca e azul que remada a remada achegabase.
Hoxe ou mar non deu dabondo Maruja, o peixe e pouco e cativo.
Axudado polo home levou a patela sobre a testa e tomou a rua que leva ou mercado. Non foi un bo día, somentes 21 euros deu a pesca.
De camiño a casa mercou unha boliña de pan e tabaco para ó Pepe que moito fuma non mar. Mentras se achegaba pensaba que ia facer de xantar. Farei un caldiño pensou, hoxe vai frio e a Pepe gustalle moito, e co que quedou da empanada de onte será dabondo.
Namentras ou caldo fervía, Maruja pasou a basoira ollando de cando en vez ó culebrón dá televisión que ocupaba a súa mente, casará ou non cabilaba?
Era a rutina diaria, dunha vida dura sen moitas posibilidades de medrar. Cando chegou ou Pepe, xantaron en silencio e caras longas. Pepe agardaba ou parte do tempo, coma todolos días. Maruxa sentouse fronte a máquina de coser e deoulle ou pedal na mentras cosía unha cremalleira a un pantalón para ou neno dá veciña.
Pola tardiña colleu camiño dá igrexa, que hoxe había misa polo cabodano dá finada Dona Carmen. Mirou ou Cristo do altar e en silencio dixolle. Vótasme unha man?

XOANCIÑO

18 de marzo de 2008

A CAMPESINA

Por fin chega o día máis feliz da tua vida, vas casar co home que soñache, a pesar da negativa dos teus pais. Pero o que non sabias, era que a loita que pensabas rematada, non era nada comparado co que che espera. ¡loitar, loitar!.
A ti muller labradora, que te levantabas cando era de noite para ir adiantando as tarefas, deixar feitas as obrigas domésticas e arrumbados os animais, e como non eses fillos, o máis cativo levabalo contigo enganchado onde quedara un ocho, como agora se ve nos paises máis pobres, así o sair o sol ála ivas ti, camiñando, cargada cos aparrellos do campo as tuas costas, coa tua saquetilla onde levabas auga, se non pasaba un rego ala a onde ivas, e un chusquiño de pan ou froita, para tomar o tente en pé, a asi poder rematar a mañá.
As doce hora de retirarse, andando, andando ata chegar exausta a casa, pero ánimos, ainda ai que preparar a comida. Van chegando da escola o rapaces, un, dos, tres, catro, cinco e seis, pois o máis pequeniño ainda non iva a escola ¡lavar as máns e sentadevos na mesa, silencio, non pelexedes, ai que comer tamen o tirabeques!; así un día tras outro, sen parar mentres eles medraban, ¿onde estaba o home da casa?, emigrado durante moitos anos mentres o fillos medraban; pero ti guerreira sempre pelexando por seguir, non había tendo para lamentarse, nin chorar, maná e outro día e os meniños teñen que ter a roupa limpa, labada o día anterior no regeiro, ca mañá de xiada que había que ata o respirar parecia que votabas fumo polo boca, e secada o sol da tarde máis a cociña de ferro pola noite.
Pero ti seguias o camiño sen arrecuar, vendo pasar a tua xuventude, como un raio de sol, nun día de inverno.
Ahora os teus froitos, os cales sempre os educache con teson, honradez, honestidade, moito te fixeron sufrir, pois éran moitos, pero ti poideches con eles e fixeches deles uns homes e mulleres de porveito, polo que hoxe sintenses como formigiñas o lado túa por que fuche e eres moi, moi grande.
Comeza na tua vida a etapa, na que tiñas que descansar, viaxar pero o corpo non esta para moitos trotes, pois os esforzos realizados deixaron huella nos teus osos; ainda así, tu acostumada a non estar parada queres votarlle unha man os teus netos, e eles contestanche –“ aboa tu xa traballache moito, agora tocache descansar”-, pero o teu espiritu de loita, non está conforme e contestalle, “ con xeitiño, ainda podo facer isto”.
¡Arriba, erguede eses brazos!, mulleres do campo, que se vos vexa desdes calque coruncho do mundo, pois sodes moitas. Berrade ¡ Estamos eiqui ¡. ¡Somos mulleres TRABALLADORAS!.
Todo o meu respeto a todas estas mulleres, que loitan realizando tanto un gran esforzo físico como mental, loitando sempre contra a intemperea (faga moito sol, choiva, neve, vento……..). Pero a loita máis grande ainda esta por “pelexar”, que é o recoñecemento destas mulleres como TRABALLADORAS, non olvidemos que do campo sae a materia prima de case todo. Xa decia Castelao “ Vale mais unha terra con árbores nos montes que un Estado con ouro nos bancos. O día que sepamos o que vale unha árbore ese día non teremos necesidade de emigrar.”

UNHA GALEGA

14 de marzo de 2008

A ÚLTIMA AFIADOIRA

Como sempre, nos últimos días do verán, aprestei o meu carro de afiador, para percorrer os pobos do contorno que por estas datas, requirían os meus servizos ano tras ano.
Ao igual que os meus antepasados , quixen ser afiadora aínda que aos homes e mulleres non lles facía graza , dicían que ese era un traballo de homes. Os tempos que corren, non son os máis axeitados para miña profesión. Na idade media iríame mellor de seguro. Ca seque desaparecemos, quedo eu, e un veciño da aldea de Penas Altas, na outra beira do rio. Ámbolos dous, repartímonos o mapa de pobos e vilas do noso contorno, ca fin de non competir e así non prexudicar os nosos xuros.
Vivo na aldea da Seara, de alí se foran todos, agás nós ,o meu pai e eu. O meu pai é un ancián de 74 anos, que non se lle botan, pois consérvase moi ben, no seu rostro apréciase a pegada do sacrifico e a paz que rodea o seu espírito. El é feliz cos seus animais, xa que temos 5 vacas, algunha que outra ovella e o típico da aldea, porcos, galiñas, coellos e unha mula. Gústalle acender súa cachimba e sentarse no soportal, dende alí mira para montaña, coma se esperase que ocorrese algo.
Unha vez ao mes vén a o furgón que fornécenos das nosas necesidades de produtos cotiáns, azucre, sal, plátanos, pasta de dentes, deterxente e algunha que outra conserva.
O señor cura don , apenas o vemos, xa fixo un ano que veu polo enterro do tío . Así que a nosa pequena pero artesanal capela de San Martín, deixou de ter sentido e a súa campá só soa cada vez que algún comprador achégase á aldea, para advertir da súa presencia, a última vez foi no inverno pasado cando o carniceiro da Pontenova, veunos mercar un par de años.
Teléfono non temos e os móbiles non teñen cobertura. A luz falla de , seguramente por que as instalacións son moi antigas.
Os políticos acá non veñen a facer campaña, polo tanto non temos nin súas promesas. Así que a aldea se vén embaixo aos poucos.
De luns a venres percorro os pobos do contorno, onde coñécenme polo "Fila", (é un alcume cariñoso que ten que ver co meu oficio, e acéptoo gustosa). Para ir, utilizo carreiros que me axudan a atallar, xa que o carro pesa o seu, e o pobo máis próximo está a 9 .
Comezaba a tempada, aprestei o meu carro, collín o "asubío" e púxenme en marcha, aínda non amencera, pero o galo xa cantara. Do carreiro gústame moito a frondosa vexetación. Os carballos e castiñeiros acompáñanme case permanentemente e o cantar dalgún que outro paxaro se fai notar.
Esta é unha boa época para traballar, as matanzas, vendimas e choivas están próximas así que os coitelos, tesoiras de podar e paraugas teñen que estar a punto. Do mesmo xeito sempre aparecen cazolas e perolas que precisan dalgún parche .
Esta é miña profesión, non se gaña moito pero é reconfortante, relaciónaste moito. Son tan popular coma o señor alcalde, pero a min trátanme con máis cariño e confianza.
Ao chegar ao pobo despois de 2 horas de andanza, sopro meu "asubío" ao tempo que canto "¡afiadoiraaaaa e paragueiraaaaa!", as contras da fiestras ábrense, e as veciñas reclaman os meus servizos.! , teño unha perola furada¡ , Fila non marches sen reparar o paraugas¡.E así entre coitelos, navallas, paraugas , ía atravesando o pobo.
O meu traballo fágoo ben e a gusto, non necesito unha inspiración especial e me achega satisfacción e algúns cartos. Embárgante síntome soa .Cando penso que o meu pai pronto se irá, o temor apodérase de min chea de tristura. Soa nunha aldea abandonada, ¿Que será de min?.

XOANCIÑO

10 de marzo de 2008

BASES DO CONCURSO

- ORGANIZAN: DINAMIZADORA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE PONTEAREAS, DINAMIZADOR DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DO PORRIÑO E DINAMIZADORA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE SALCEDA DE CASELAS.

- PARTICIPANTES: Toda a poboación interesada atendendo a tres grupos de idade:

* Poboación infantil: 0-14 anos.

* Poboación adulta: 15-59 anos.

* Maiores: Máis de 60 anos.

- TEMA: A temática responderá ao título do concurso “Igualdade na rede” e versará sobre a vida dunha muller traballadora.

- CARACTERÍSTICAS DA OBRA: O texto estará escrito en galego e non excederá de 45 liñas escritas con letra time news roman (12 ptos) nin será inferior a 10 liñas.

- PRESENTACIÓN DAS OBRAS: As obras remitiranse a calquera das seguintes direccións: miguel.oporrino@dinamiza.sociedadedainformacion.eu, andrea.ponteares@dinamiza.sociedadedainformacion.eu ou leticia.salceda@dinamiza.sociedadedainformacion.eu para a súa posterior incorporación no blog http://igualdadenarede.blogspot.com/No asunto se debe especificar “Igualdade na rede: concurso de relatos” e no interior aparecerán os datos personais do autor (mome, enderezo, teléfono e enderezo de correo electrónico). Adxuntarase o relato cun título e asinado cun pseudónimo. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.

Non se publicarán as obras que non cumpran estas características.

- PRAZO DE PRESENTACIÓN: Publicaranse todos aqueles relatos recibidos dende o 1 ata o día 31 de marzo. As obras serán orixinais e non poden ter sido publicadas con anterioridade en ningún outro medio ou soporte.

- PREMIOS: Estableceranse tres premios para cada categoría consistente en material de oficina, libros ou material da Rede de Dinamización
O xurado pode declarar deserto algún premio se o considera oportuno.
O fallo do xurado publicarase neste blog antes do día 15 de abril.

- XURADO: O xurado estará integrado por tres persoas vínculadas ao mundo das letras e a problemática das mulleres asignadas pola organización.

- NOTA: A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.

7 de marzo de 2008

BENVIDOS/AS

Benvidos/as ao blog Igualdade na Rede. Neste espazo atoparedes a iniciativa posta en marcha pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración cos concellos galegos de Ponteareas, O Porriño e Salceda de Caselas.

Os dinamizadores/as destes concellos creamos este concurso de relatos e blog co gallo do Día da Muller Traballadora co fin de render unha homenaxe a través da vosa participación a todas as mulleres que dende sempre foron, son e serán “Mulleres Traballadoras”.

Esta é a primeira pedra, agora tócavos a vós, coa vosa participación seguir enchendo estas páxinas de relatos onde verse a historia da muller da vosa vida (nai, parella, filla, amiga, coñecida…). Até aquí podemos contar, a partires de hoxe serán as vosas palabras as que encherán de contido e consideración esta data.